O de Lobarzana é un dos tres territorios ou xurisdicións que formou parte da histórica Terra de Baronceli entre os séculos X-XIII, xunto con Cabreira e Soutovermud. Ao igual que o desaparecido castelo de Cabreira (Cabreiroá), Lobarzana foi levantado antes que o Castelo de Monte- rrei. Sitúase no Monte do Castelo, entre as parroquias de Santa María das Chás (Oímbra) e San Salvador de Vilaza (Monterrei). A fortaleza ergueuse no coto denominado Outeiro do Castelo / A Cerca / As Laxes das Chás, a 599 metros de altitude e dominando boa parte do val do río Támega.