Situado na parte oeste de San Cibrao, é un dos cruceiros máis importantes da Diocese de Ourense. Na base, gravada en pedra granítica, podemos ler a súa inscrición: "Esta obra a mandou facer Francisco Crespo no ano 1754”. Noutra cara deste cubo aparece outra inscrición na que lemos IHS e polo oeste o signo da súa época.