O templo parroquial de Bousés é, xunto ás igrexas de Vilaza e Flariz, un dos mais fermosos do Val de Monterrei. Levantado no s.XVIII presenta unha simbiose entre os estilos renacentista e barroco, que brilla con luz propia, sobre todo, nos estiliza- dos pináculos que sinalan o ceo. O máis sobrancei- ro é o torre-campanario, que se adianta á fachada para crear un espazo porticado; dividida en tres corpos, o primeiro loce un balcón corrido de pedra; sobre el outra balconada de forxa e o terceiro rematado nunha cupuliña octogonal e rodeada por pináculos angulares. A igrexa está rodeada por un muro de pedra que alberga o cemiterio parroquial.