Edificio de planta rectangular con presbiterio máis elevado que a nave, con capela apegada ao muro sur. Muros de cantaría ben labrada e escuadrada. A fachada loce unha porta cuberta por un arco alintelado decorado con molduras dobradas. Sobre ela un frontón de perfil mixtilíneo que acolle no seu interior unha fornela cunha imaxe recente do santo titular. A ambos lados representacións do sol e a lúa, alego-rías do templo como representación da cidade celeste, onde Cristo é sol invictus, alegoría da eternidade.