A súa fachada, porta cuberta con arco de medio punto de grandes doelas coroada por óculo de derrame externo. No alto unha espadana de dous arcos xemelgos con arquitrabes no terzo superior e remate de frontón con van de arco e rematado en altura por unha cruz granítica trevolada. Na cornixa exterior da ábsida vemos a cabeza dun anxo anqueada coa inscrición: “SIENDO ABA | D EL LICENCIA- DODON FRANCISCO RIVERO | [DE]LGADO”.