Templo de orixe románica que conserva interesantes canzorros medievais no exterior do muro norte. O muro sur loce un reloxo de sol que aparece pousado sobre un dos contrafortes da fabulosa capela barroca construída en 1634 polos Yáñez de Lugo, unha familia de fidalgos e abades emparentados cos Condes de Monterrei radicados en Oímbra desde o século XVI.