Oímbra é, ata hoxe, o concello de Galicia que posúe máis lagares rupestres documentados, o que nos fala da histórica e extraordinaria cualificación do seu clima e das súas terras para o cultivo da vide e a produción de viño de calidade.